Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


sinopse

Sobre o proxecto / Sinopse

Documental de creación que se realizará a través do desenvolvemento de diversas metodoloxías de participación, en tanto que indagará na construción do espazo sonoro na provincia da Coruña a partir do encontro de escolares, persoas maiores, persoas de diferentes raíces culturais e con diversidade funcional e sensorial, e desde contornas que van do rural ao urbano, intermediando, ademais, a ilustración como elemento evocador da paisaxe, elemento carente, precisamente, de son, pero que conxuga significante e significado.

Disonancias xira ao redor de algo tan particular como o son. Pero non como fenómeno físico baseado na propagación de ondas, senón o son como parte do noso patrimonio cultural inmaterial en varios concellos da provincia da Coruña, da nosa construción social, do acervo da memoria pero tamén da construción do futuro, inevitable conxunto de trazos xeracionais.

“Todo fenómeno de identidade non é senón o resultado da tensión que se establece entre unha memoria sonora e unha escoita futura ou proxectada”. (Ricardo Atienza)


sinopse.txt · Última modificación: 2024/02/22 16:19 por iagoglez