Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


o_conecemento_e_a_memoria

Comunidade do proxecto / O coñecemento e a memoria



“Todo fenómeno de identidade non é senón o resultado da tensión que se establece entre unha memoria sonora e unha escoita futura ou proxectada”. (Ricardo Atienza)


"Como vades facer o documental?"


Disonancias é o reflexo audiovisual da indagación na provincia da Coruña sobre o son que nos rodea –a “banda sonora das nosas vidas”– como parte da nosa contorna, do noso patrimonio cultural, do que como sociedade somos, da memoria do que fomos, e mesmo da proxección do que seremos.

Disoncias xurdiu tras o proxecto dMudanza e fundaméntase nun proxecto de investigación, iniciado en 2019, cunha fase inicial teórica, e unha fase posterior práctica, na que se experimentou a través do encontro de diferentes colectivos, de diferente procedencia, fomentando o intercambio de vivencias e experiencias.

O resultado é, cando menos, sorprendente. Os achados nados dese encontro levan a reflexionar sobre a importancia das paisaxes sonoras e as súas diferenzas, e como foron evolucionando… case sen darnos conta.

Porque unha disonancia non é un ruído, senón algo que, simplemente, parece non encaixar. Ou si?

o_conecemento_e_a_memoria.txt · Última modificación: 2024/02/22 16:18 por iagoglez