Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


experiencia_e_equipo

Sobre o proxecto / Experiencia e Equipo

Experiencia


Cunha experiencia previa de mais de dez anos, I.G. Documentación, S.L. constitúese en 1998 en A Coruña, especializándose no ámbito da información, a consultoría e a comunicación. Co grao de especialización e experiencia adquirida, IG inicia o seu proceso de diversificación en 2006 no ámbito da produción audiovisual.

No obxecto social dos estatutos da empresa pódese comprobar a descrición de todas as actividades relacionadas con este proxecto. Por outro lado, e empresa está dada de alta nos seguintes epígrafes de actividade relacionados co proxecto: Producción de películas cinematográficas; Ensinanza, formación, prof. no superior; Xestión cultural; Edición soportes audio, vídeo, informática, Consultoria e investigación.

Tanto a empresa como as dúas persoas responsables do proxecto teñen ampla experiencia en proxectos relacionados co cine, a investigación, a perspectiva de xénero e a innovación social, así como no uso de metodoloxías participativas traballando con entidades educativas e do ámbito da integración e as institucións. Todos os proxectos se deseñan e executan desde un rigoroso enfoque da perspectiva de xénero e a inclusión.


Proxecto de cultura e educación inclusiva

2017: Deseño e execución do proxecto “Un día de cine”, no que participaron 17 nenas e nenos de 6º de primaria e cinco persoas con discapacidade intelectual, desenvolveuse entre xaneiro e agosto e incluía actividades culturais e artísticas, actividades de formación e adestramento e actividades de educación. Foi deseñado e realizado por Isabel Iglesias e Iago González para a APM no marco da convocatoria de Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e co-financiado por pola entidade solicitante.

O proxecto consistiu no desenvolvemento dunha experiencia de co-creación audiovisual integradora con todas as súas fases: formación, casting, guión, ensaios, etc. O proxecto incluíu sesións de traballo coas entidades participantes, dinámicas coas familias, master class, visita a un plató, talleres de habilidades e competencias (artísticas e de participación), talleres de cine (elaboración de guión, gramática e rodaxe), rodaxe da curta, presentación e entrega de diplomas. Desenvolveuse cunha metodoloxía innovadora que incluía:

  • A dimensión social das persoas como metodoloxía de aprendizaxe (aprender facendo).
  • A diferenza como principal valor para a riqueza social (formulación de inclusión de dentro fóra).
  • A diversidade como un proceso de participación (integración e implicación).
  • A participación no espazo público e a creación artística como un dereito (actores de/na vida pública).
  • As excepcións e boas prácticas son a base para a innovación e a investigación (aprendizaxe por proxectos e prototipado).
  • A potencia do cinema e o lecer como ferramenta para emocionar, dar voz, documentar, educar, relatar… (arte, cinema e educación).

Todos os materiais do proxecto están de libre acceso: https://undiadecine.proxectomascaras.com


Proxectos cinematográficos de Memoria e Futuro

Proxectos desenvolvidos cunha metodoloxía propia que enfocan a recuperación da memoria como un proceso de escoita, pero tamén de construción porque no traxecto que empeza e termina na reflexión persoal debemos entendernos como parte responsable do contexto xeracional no que se vai construíndo o futuro.

Na esencia dos proxectos está a historia das persoas que é, ante todo, a historia dos lugares que habitan, e o relato das historias perdidas serve para dispoñer a cronografía dun crecemento humano, demográfico e económico.

Exemplos de proxectos:

Beneficios desta formulación metodolóxica e audiovisual:

  • Establece un equilibrio entre os datos e a experiencia.
  • Fomenta o prototipado para a continuidade da reflexión no futuro.
  • Relaciona o sentir común coa evolución da cidade e o seu contexto histórico.
  • Estimula a participación e situar ás persoas no centro, recoñecendo a importancia da achega do coñecemento individual á cidade.
  • Impulsa e reforzar o modelo relacional que caracteriza todos os niveis e procesos da realidade.
  • Xera espazos de coñecemento e xestionar as expectativas dos diferentes axentes que interveñen no desenvolvemento dunha comunidade.


Equipo


Responsables do proxecto

As diferentes perspectivas profesionais das persoas que forman o equipo principal complementan fondo e forma nunha maneira de enunciar e cuestionar que unifica a gran aceptación dos formatos participativos e audiovisuais cun contido de innovación e reflexión necesario para a sociedade.

No seu código xenético:

  1. O uso estrátéxico da información
  2. A potencia do audiovisual
  3. Experimentar e contar novas realidades
Isabel Iglesias

Socia consultora de I.G. Documentación. Experiencia en análise estratéxico e dinamización da información. Investigadora e experta en innovación social. Produtora, guionista e directora. Formación en psicoloxía e ciencias políticas. Autora do libro “Empresarias Xubiladas” e directora de “O diñeiro das mulleres
enPalabras
Iago González
Cineasta. Experto en narrativas audiovisuais e en branded content. Especialista no deseño de proxectos audiovisuais. Ten formación específica en realización, edición e posprodución e é director de diversas películas de non ficción. Creador do departamento audiovisual de I.G. Documentación. Director da película “Máscaras” e da Sitcom “Na vida pública”.
enimaXes


Colaboracións profesionais

Carla Vidal: Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra e con mais de 20 anos de experiencia profesional, sendo a primeira muller en dirixir en Galicia un xornal especializado en empresa e finanzas. É experta en segmentación de públicos e audiencias e actualmente dirixe o súa empresa.
ComunicActiva
Perfil en Linkedin
{{:wiki:santy_foto.jpg?100 | Santy Bernárdez
Técnico especialista e deseño gráfico, delineación industrial e topografía, desenvolve dende finais dos 90 unha variada traxectoria no eido da ilustración e do deseño, amosando gran versatilidade ao pasar de traballos con técnica tradicional ate desenvolvementos multimedia de gran formato.
Blog persoal
Paula López Baldomir
Psicóloga con ampla experiencia en desenvolvemento e coordinación de programas educativos, formación e igualdade de xénero. Colexiada G-5164 e rexistro sanitario C-15-003426.
Despacho profesional


experiencia_e_equipo.txt · Última modificación: 2024/02/22 16:17 por iagoglez