Tabla de Contenidos
Sobre o proxecto / Experiencia e Equipo
Experiencia
Cunha experiencia previa de mais de dez anos, I.G. Documentación, S.L. constitúese en 1998 en A Coruña, especializándose no ámbito da información, a consultoría e a comunicación. Co grao de especialización e experiencia adquirida, IG inicia o seu proceso de diversificación en 2006 no ámbito da produción audiovisual.
No obxecto social dos estatutos da empresa pódese comprobar a descrición de todas as actividades relacionadas con este proxecto. Por outro lado, e empresa está dada de alta nos seguintes epígrafes de actividade relacionados co proxecto: Producción de películas cinematográficas; Ensinanza, formación, prof. no superior; Xestión cultural; Edición soportes audio, vídeo, informática, Consultoria e investigación.
Tanto a empresa como as dúas persoas responsables do proxecto teñen ampla experiencia en proxectos relacionados co cine, a investigación, a perspectiva de xénero e a innovación social, así como no uso de metodoloxías participativas traballando con entidades educativas e do ámbito da integración e as institucións. Todos os proxectos se deseñan e executan desde un rigoroso enfoque da perspectiva de xénero e a inclusión.
Proxecto de cultura e educación inclusiva
2017: Deseño e execución do proxecto “Un día de cine”, no que participaron 17 nenas e nenos de 6º de primaria e cinco persoas con discapacidade intelectual, desenvolveuse entre xaneiro e agosto e incluía actividades culturais e artísticas, actividades de formación e adestramento e actividades de educación. Foi deseñado e realizado por Isabel Iglesias e Iago González para a APM no marco da convocatoria de Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e co-financiado por pola entidade solicitante.
O proxecto consistiu no desenvolvemento dunha experiencia de co-creación audiovisual integradora con todas as súas fases: formación, casting, guión, ensaios, etc. O proxecto incluíu sesións de traballo coas entidades participantes, dinámicas coas familias, master class, visita a un plató, talleres de habilidades e competencias (artísticas e de participación), talleres de cine (elaboración de guión, gramática e rodaxe), rodaxe da curta, presentación e entrega de diplomas. Desenvolveuse cunha metodoloxía innovadora que incluía:
- A dimensión social das persoas como metodoloxía de aprendizaxe (aprender facendo).
- A diferenza como principal valor para a riqueza social (formulación de inclusión de dentro fóra).
- A diversidade como un proceso de participación (integración e implicación).
- A participación no espazo público e a creación artística como un dereito (actores de/na vida pública).
- As excepcións e boas prácticas son a base para a innovación e a investigación (aprendizaxe por proxectos e prototipado).
- A potencia do cinema e o lecer como ferramenta para emocionar, dar voz, documentar, educar, relatar… (arte, cinema e educación).
Todos os materiais do proxecto están de libre acceso: https://undiadecine.proxectomascaras.com
Proxectos cinematográficos de Memoria e Futuro
Proxectos desenvolvidos cunha metodoloxía propia que enfocan a recuperación da memoria como un proceso de escoita, pero tamén de construción porque no traxecto que empeza e termina na reflexión persoal debemos entendernos como parte responsable do contexto xeracional no que se vai construíndo o futuro.
Na esencia dos proxectos está a historia das persoas que é, ante todo, a historia dos lugares que habitan, e o relato das historias perdidas serve para dispoñer a cronografía dun crecemento humano, demográfico e económico.
Exemplos de proxectos:
- El semáforo #MetaforasDeLaMemoria
Beneficios desta formulación metodolóxica e audiovisual:
- Establece un equilibrio entre os datos e a experiencia.
- Fomenta o prototipado para a continuidade da reflexión no futuro.
- Relaciona o sentir común coa evolución da cidade e o seu contexto histórico.
- Estimula a participación e situar ás persoas no centro, recoñecendo a importancia da achega do coñecemento individual á cidade.
- Impulsa e reforzar o modelo relacional que caracteriza todos os niveis e procesos da realidade.
- Xera espazos de coñecemento e xestionar as expectativas dos diferentes axentes que interveñen no desenvolvemento dunha comunidade.
Equipo
Responsables do proxecto
As diferentes perspectivas profesionais das persoas que forman o equipo principal complementan fondo e forma nunha maneira de enunciar e cuestionar que unifica a gran aceptación dos formatos participativos e audiovisuais cun contido de innovación e reflexión necesario para a sociedade.
No seu código xenético:
- O uso estrátéxico da información
- A potencia do audiovisual
- Experimentar e contar novas realidades
Isabel Iglesias Socia consultora de I.G. Documentación. Experiencia en análise estratéxico e dinamización da información. Investigadora e experta en innovación social. Produtora, guionista e directora. Formación en psicoloxía e ciencias políticas. Autora do libro “Empresarias Xubiladas” e directora de “O diñeiro das mulleres” enPalabras |
Iago González Cineasta. Experto en narrativas audiovisuais e en branded content. Especialista no deseño de proxectos audiovisuais. Ten formación específica en realización, edición e posprodución e é director de diversas películas de non ficción. Creador do departamento audiovisual de I.G. Documentación. Director da película “Máscaras” e da Sitcom “Na vida pública”. enimaXes |
Colaboracións profesionais
Carla Vidal: Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra e con mais de 20 anos de experiencia profesional, sendo a primeira muller en dirixir en Galicia un xornal especializado en empresa e finanzas. É experta en segmentación de públicos e audiencias e actualmente dirixe o súa empresa. ComunicActiva Perfil en Linkedin |
|
Santy Bernárdez Técnico especialista e deseño gráfico, delineación industrial e topografía, desenvolve dende finais dos 90 unha variada traxectoria no eido da ilustración e do deseño, amosando gran versatilidade ao pasar de traballos con técnica tradicional ate desenvolvementos multimedia de gran formato. Blog persoal |
|
Paula López Baldomir Psicóloga con ampla experiencia en desenvolvemento e coordinación de programas educativos, formación e igualdade de xénero. Colexiada G-5164 e rexistro sanitario C-15-003426. Despacho profesional |