Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


enfoque_e_claves

Sobre o proxecto / Enfoque e claves

Singularidade do proxecto

O proxecto está cofinanciado pola Deputación da Coruña a través da convocatoria para Proxectos singulares xa que cumpre cos requisitos de proposta artística e cultural en lingua galega e contempla os diferentes aspectos requiridos, aportando valor engadido de carácter social, patrimonial (memoria, coñecemento e difusión social) e artística (innovación, experimentación e propostas de risco).

Respecto ao valor engadido de carácter social, e partindo do respecto medioambiental a través de son como eixo central, no proxecto Disonancias mestúranse de xeito transversal os criterios de diversidade, estima colectiva, cohesión social, integración e igualdade a través dos diferentes colectivos cos que se realizarán as actividades: colexios na franxa de idades de primaria, as asociacións de diferentes ámbitos (diversidade funcional, cultural, de empresarias) e una asociación de veciños que traballa colectivos de xente maior no ámbito de recuperación da memoria.

O guión desenvolverase a través da gravación das sesións realizadas nos laboratorios cidadás nos que participarán os distintos colectivos xa que temos resultados contrastados dos beneficios de esta formulación metodolóxica e audiovisual propia porque:

  • Establece un equilibrio entre os datos e a experiencia.
  • Fomenta o prototipado para a continuidade da reflexión no futuro.
  • Relaciona o sentir común coa evolución das vivencias e o seu contexto histórico.
  • Estimula a participación e sitúa ás persoas no centro, recoñecendo a importancia da achega do coñecemento individual á colectividade.
  • Impulsa e reforza o modelo relacional que caracteriza todos os niveis e procesos da realidade.
  • Xera espazos de coñecemento e facilita a xestión das expectativas dos diferentes axentes que interveñen no desenvolvemento das comunidades.

Nestes laboratorios realizaranse actividades participativas en torno a tres vídeos preparados previamente e propostas de ilustración. Se gravarán todas estas sesións, que ademais están previstas para poder ser presenciais ou telemáticas (atendendo as circunstancias sanitarias recomendadas).

En canto ao ámbito educativo (urbano, rural interior e porto de mar), a diversidade permitirá acadar o obxectivo de recoller as diferenntes percepcións do son ligados ás emocións, á memoria, e aos ritmos vitais.

Todo este material audiovisual será o que conforme a base do documental de creación.

No relativo á innovación artística e experimentación, partindo do son cun enfoque de respecto medioambiental, o proxecto traza unha ruta inversa desde a potencia do futuro (nenos e nenas no entorno dos colexios) e percorre rutas transversais ata unha memoria identitaria que vai desaparecendo incluso das xeracións que as viviron. Pretendese abordar a disonancia, en parte imposta pola globalización, e a perda dos ritmos vitais e das emocións a través das vivencias, porque os nenos e nenas destes tempos acelerados e gammificados (ludificación das aprendizaxes) non aprenden con teorías senón con experiencias.

Los niños escuchan muy poco, pero están muy atentos. Se fijan en lo que ven. (Javier Urra, primer defensor del Menor en España).

Pero… como podemos distinguir e estudar o universo sonoro que nos rodea? As habilidades de escoita poden ser adestradas mediante exercicios de “limpeza auditiva” que é un dos obxectivos deste proxecto: “unha paisaxe sonora consiste en eventos escoitados e non en obxectos vistos”.

O proxecto está deseñado co obxectivo de construír formas de acción colectiva ante a problemática causada pola crecente contaminación acústica, que adoita a ser relegada ante outras urxencias, e que está a producir evidentes danos psicolóxicos tanto a nivel persoal como colectivos, incluíndo a despersonalización e perda de identidade social.

Criterios sociais

“Lo mejor que podemos hacer por otro no es sólo compartir con él nuestras riquezas, sino mostrarle las suyas”. Benjamín Disraeli.

Na metodoloxía préstase especial atención ao criterios sociais, que forman parte da fundamentación de Disonancias, en especial a perspectiva de xénero, á inclusión, ás relacións interxeracionais, e á construción e de-construcción das identidades culturais e sociolingüísticas. Isto implica:

  • Equilibrio na composición dos grupos participantes.
  • Actividades non excluíntes (que non é o mesmo que inclusivas)
  • Propostas de detección e clasificación da diferenciación entre os sons que formaron parte da vida das mulleres a as dos homes (o “ruído branco” que nos acompaña no día a día).
  • Estratexias de relación interxeracional explorando como podemos imaxinar o futuro respecto ao que nos pode contar a xeración das avoas e avós.
  • Estratexias de natureza sociolingüística que fomentarán a reflexión sobre o uso do galego, xa que o idioma ten, ademais, un significado específico no tema do son e as posibles disonancias (ademais do seu valor patrimonial).
  • Recuperación e posta en valor desde as experiencias individuais compartidas sobre a identidade local, o patrimonio cultural e o medio.

A aplicación dos diferentes criterios sociais permitirá unha interesante reflexión sobre á evolución e actual peso dos factores xeográficos (rural interior, marítimo e urbano) e xeracionais na construción ou de-construción do “ruído branco”, as “sinais sonoras” e as “marcas sonoras” do futuro.

A finalidade sería acadar que as persoas participantes fosen conscientes de como o son no que habitamos enmarca e condiciona os modos de vida e as posibilidades de proxección dun proxecto vital individual e colectivo, así como a revalorización dun acervo cultural fácil de perder polo complicado que resulta a consciencia e captura do son.

En relación ao enfoque pedagóxico do proxecto, cabe destacar os indicadores cualitativos que pode aportar o proxecto sobre:

  • Coñecemento da contorna
  • Coñecemento do patrimonio
  • Coñecemento da historia
  • Coñecemento dos novos usos e costumes
  • Percepción e coñecemento das diferencias de xénero
  • Percepción e coñecemento das barreiras e diferentes capacidades
  • Percepción e coñecemento das diferencias segundo a orixe xeográfica
enfoque_e_claves.txt · Última modificación: 2024/02/22 16:18 por iagoglez