Sobre o proxecto / Desenvolvemento
Planificación
O proxecto estaba pensado inicialmente para realizarse dentro do ano 2020, polo que en xaneiro e febreiro realizouse a recompilación, revisión e análise de todo o material documental xerado e as primeiras tomas de contacto cos colexios.
Durante o estado de alarma continouse co desenvolvemento teórico e a nova planificación das acciones e actividades que se retomaron no mes de xuño e se introduciron as previsións necesarias debido as imposicións sanitarias e previsibles restricións futuras.
O proxecto contempla indicadores cuantitativos e cualitativos a través das sesións e entrevistas gravadas e informes, que se recollerán neste espazo web específico, así como o documental de creación resultante.
Plan de difusión
No plan de difusión contémplase, ademais da elaboración de material específico e a realización de accións promocionais (on line e off line) o establecemento de sinerxías entre as entidades participantes e os seus recursos de difusión para a elaboración de contidos e mensaxes conxuntas como parte das estratexias transversais interxeneracionais e de cohesión social.
Intentarase plantar a promoción e difusión do proxecto “Disonancias” de modo que poida chegar ao maior número de persoas posibles, buscando sempre un público de calidade (é dicir, optimizado para o obxecto do proxecto).
Dado que se trata dun proxecto colaborativo e que se enfoca dentro do contexto desta sociedade hiperconectada, a promoción e difusión realizarase, tamén, de forma prioritaria, no marco dixital, apoiando a implicación das entidades participantes e aportando material audiovisual e gráfico que pode ser incorporado nas propias Web e redes das entidades participantes.
Se ben estas canles de comunicación vanse manter unha vez finalizado o proxecto, elaborarase un plan de promoción e difusión específico na segunda parto do curso escolar 2020-2021.
Por último, destacar que a totalidade dos materiais xerados compartiranse publicamente baixo a licencia creative commons pertinente nneste expazo.
- Vídeos realizados para ás actividades
- Ilustracións
- Gravación das sesións
- Material documental
- Artigos, referencias e enlaces