Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


antecedentes

Sobre o proxecto / Antecedentes

Enfoque e fases


O motor deste proxecto está fundamentado na experiencia dos traballos realizados polas persoas que conforman o equipo principal do proxecto desde dous eixos metodolóxicos:

  1. Enfoque pedagóxico
  2. Enfoque cinematográfico

O proxecto iniciouse a finais de 2018 e consta de tres fases:

  • Fase I: Investigación en torno á ecoacústica, a psicoacústica e as paisaxes sonoras (2018-2019)
  • Fase II: Desenvolvemento cinematográfico (2020-2021)
  • Fase III: Difusión pedagóxica (2021-2022)

Fase I: A investigación (2018-2019)

Tendemos a identificar o ruído como unha sensación auditiva inarticulada, xeralmente desagradable. Sen embargo, no medio ambiente, defínese o ruído como todo o molesto para o oído ou, máis exactamente, como todo son non desexado. Desde ese punto de vista, a máis excelsa música pode ser cualificada como ruído por aquela persoa que en certo momento non desexe oíla.

Se ben a retórica da “contaminación acústica” xa forma parte da nosa realidade, a pesar de que desde 1996 organízanse moitas actividades e eventos en torno ao “Día internacional do ruido”, non parece que se estea acadando grandes avances, por moito que se pretenda alertar sobre os efectos adversos para o benestar e a saúde das persoas.

Por iso, no ámbito da comunicación sonora, defínese como ruído a todo son non desexado que interfire na comunicación entre as persoas ou nas súas actividades. É dicir, temos o concepto de banda sonora nas películas pero non pensamos na banda sonora das nosas vidas.

Partindo dos resultados acadados coa metodoloxía desenvolvida no proxecto “Un día de cine”, a investigación centrouse en establecer unha relación cognitiva entre a vivencia subxectiva e humanizada e as “paisaxes sonoras”, o que nos levou á ecoacústica e a psicoacústica.

O interesante do concepto de paisaxes sonoras, que xurdiu en Canadá nos anos 60, é expandir a idea do deseño do acústico e o sonoro máis aló dos auditorios ou das bandas sonoras cinematográficas para ocuparse do noso hábitat. Desde este enfoque, a educación, como o resto das actividades está marcada por esta realidade globalizada e dixital (algo que, visto desde o momento actual da pandemia, fíxose mais evidente coa redución drástica da mobilidade).

Estamos pois nun escenario de incerteza crecente que no ámbito concreto da educación incide en estudantes, profesores e familias e estanse producindo debates acerca das dificultades, as consecuencias, e as novas posibilidades que poderían xurdir nesta adaptación a un novo contexto.

O aspecto no que nos centramos foi o da experiencia sensorial e o contacto co medio a través dos sentidos a través da pedagoxía sonora, xa que a educación sonora non só afecta o campo musical senón tamén ao ecolóxico e urbano, e ao psicolóxico e social. Nesta fase deseñouse a metodoloxía pedagóxica en base a:

  • A dimensión social das persoas como metodoloxía de aprendizaxe (aprender facendo),
  • A diferenza como principal valor para a riqueza social (formulación de inclusión de dentro fóra)
  • A diversidade como un proceso de participación e implicación
  • A potencia do cinema e o lecer como ferramenta para emocionar, dar voz, documentar, educar, relatar… (arte, cinema e educación)

Nesta fase participaron Iago González (cineasta), Isabel Iglesias (consultora) e Paula López (psicóloga).

Fase II: Desenvolvemento cinematográfico (2020-2021)

No desenvolvemento cinematográfico que se formula neste proxecto, intégranse os resultados da fase de investigación, a través da que se articula a fundamentación do proxecto, coa experiencia cinematográfica dos desenvolvidos no ámbito da “Memoria e Futuro”, que enfocan a recuperación da memoria como un proceso de escoita, pero tamén de construción porque debemos entendernos como parte responsable do contexto xeracional no que se vai construíndo o futuro.

Porque, como dicíamos anteriormente, na esencia dos proxectos está a historia das persoas que é, ante todo, a historia dos lugares que habitan, no que as historias perdidas e as que están nacendo, serven para dispoñer a cronografía dun crecemento humano, demográfico e económico.

antecedentes.txt · Última modificación: 2024/02/22 16:16 por iagoglez