**Sobre o proxecto** / **Sinopse** | {{ :wiki:rag-disonancias.png?400 |}} | {{ :wiki:rag-idenntidade.png?400 |}} | **Documental de creación** que se realizará a través do desenvolvemento de diversas **metodoloxías de participación**, en tanto que **indagará na construción do espazo sonoro na provincia da Coruña** a partir do encontro de escolares, persoas maiores, persoas de diferentes raíces culturais e con diversidade funcional e sensorial, e desde contornas que van do rural ao urbano, intermediando, ademais, a ilustración como elemento evocador da paisaxe, elemento carente, precisamente, de son, pero que conxuga significante e significado. **Disonancias** xira ao redor de algo tan particular como o son. Pero non como fenómeno físico baseado na propagación de ondas, senón **o son como parte do noso patrimonio cultural inmaterial en varios concellos da provincia da Coruña**, da nosa construción social, do **acervo da memoria pero tamén da construción do futuro**, inevitable conxunto de trazos xeracionais.
“Todo fenómeno de identidade non é senón o resultado da tensión que se establece entre unha memoria sonora e unha escoita futura ou proxectada”. (Ricardo Atienza)
\\