**Comunidade do proxecto** / **O coñecemento e a memoria**
{{:wiki:procesion-respetame.png?300 |}} \\ \\ “Todo fenómeno de identidade non é senón o resultado da tensión que se establece entre unha memoria sonora e unha escoita futura ou proxectada”. (Ricardo Atienza)
\\ ===== "Como vades facer o documental?" ===== {{ vimeo>557116067?650x366 }} \\ Disonancias é o reflexo audiovisual da indagación na provincia da Coruña sobre o son que nos rodea –a “banda sonora das nosas vidas”– como parte da nosa contorna, do noso patrimonio cultural, do que como sociedade somos, da memoria do que fomos, e mesmo da proxección do que seremos. Disoncias xurdiu tras o proxecto [[http://wiki.de-mudanza.net|dMudanza]] e fundaméntase nun proxecto de investigación, iniciado en 2019, cunha fase inicial teórica, e unha fase posterior práctica, na que se experimentou a través do encontro de diferentes colectivos, de diferente procedencia, fomentando o intercambio de vivencias e experiencias. O resultado é, cando menos, sorprendente. Os achados nados dese encontro levan a reflexionar sobre a importancia das paisaxes sonoras e as súas diferenzas, e como foron evolucionando... case sen darnos conta. Porque unha disonancia non é un ruído, senón algo que, simplemente, parece non encaixar. Ou si?