**Sobre o proxecto** / **Experiencia e Equipo** ===== Experiencia ===== ---- Cunha experiencia previa de mais de dez anos, [[http://informacionngalicia.net/|I.G. Documentación, S.L.]] constitúese en 1998 en A Coruña, especializándose no ámbito da información, a consultoría e a comunicación. Co grao de especialización e experiencia adquirida, IG inicia o seu proceso de diversificación en 2006 no ámbito da produción audiovisual. No obxecto social dos estatutos da empresa pódese comprobar a descrición de todas as actividades relacionadas con este proxecto. Por outro lado, e empresa está dada de alta nos seguintes epígrafes de actividade relacionados co proxecto: Producción de películas cinematográficas; Ensinanza, formación, prof. no superior; Xestión cultural; Edición soportes audio, vídeo, informática, Consultoria e investigación. Tanto a empresa como as dúas persoas responsables do proxecto teñen ampla experiencia en proxectos relacionados co cine, a investigación, a perspectiva de xénero e a innovación social, así como no uso de metodoloxías participativas traballando con entidades educativas e do ámbito da integración e as institucións. Todos os proxectos se deseñan e executan desde un rigoroso enfoque da perspectiva de xénero e a inclusión. \\ ==== Proxecto de cultura e educación inclusiva ==== **2017**: Deseño e execución do proxecto “**Un día de cine**”, no que participaron 17 nenas e nenos de 6º de primaria e cinco persoas con discapacidade intelectual, desenvolveuse entre xaneiro e agosto e incluía actividades culturais e artísticas, actividades de formación e adestramento e actividades de educación. Foi deseñado e realizado por Isabel Iglesias e Iago González para a APM no marco da convocatoria de Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e co-financiado por pola entidade solicitante. O proxecto consistiu no desenvolvemento dunha experiencia de co-creación audiovisual integradora con todas as súas fases: formación, casting, guión, ensaios, etc. O proxecto incluíu sesións de traballo coas entidades participantes, dinámicas coas familias, master class, visita a un plató, talleres de habilidades e competencias (artísticas e de participación), talleres de cine (elaboración de guión, gramática e rodaxe), rodaxe da curta, presentación e entrega de diplomas. Desenvolveuse cunha metodoloxía innovadora que incluía: * A dimensión social das persoas como metodoloxía de aprendizaxe (aprender facendo). * A diferenza como principal valor para a riqueza social (formulación de inclusión de dentro fóra). * A diversidade como un proceso de participación (integración e implicación). * A participación no espazo público e a creación artística como un dereito (actores de/na vida pública). * As excepcións e boas prácticas son a base para a innovación e a investigación (aprendizaxe por proxectos e prototipado). * A potencia do cinema e o lecer como ferramenta para emocionar, dar voz, documentar, educar, relatar... (arte, cinema e educación). Todos os materiais do proxecto están de libre acceso: https://undiadecine.proxectomascaras.com {{ :wiki:dia-de-cine.jpg?600 |}} \\ ==== Proxectos cinematográficos de Memoria e Futuro ==== Proxectos desenvolvidos cunha **metodoloxía propia** que enfocan a recuperación da memoria como un proceso de escoita, pero tamén de construción porque no traxecto que empeza e termina na reflexión persoal debemos entendernos como parte responsable do contexto xeracional no que se vai construíndo o futuro. Na esencia dos proxectos está a historia das persoas que é, ante todo, a historia dos lugares que habitan, e o relato das historias perdidas serve para dispoñer a cronografía dun crecemento humano, demográfico e económico. Exemplos de proxectos: * **[[https://www.de-mudanza.net/2016/01/metaforas-de-la-memoria-el-ritmo-del-tiempo/|El semáforo]]** #MetaforasDeLaMemoria * **[[http://emalcsa.de-mudanza.net/|Emalcsa: Memoria e futuro]]** * **[[http://concellocoruna.de-mudanza.net/|Concello Coruña: Memoria e futuro]]** __Beneficios desta formulación metodolóxica e audiovisual__: * Establece un equilibrio entre os datos e a experiencia. * Fomenta o prototipado para a continuidade da reflexión no futuro. * Relaciona o sentir común coa evolución da cidade e o seu contexto histórico. * Estimula a participación e situar ás persoas no centro, recoñecendo a importancia da achega do coñecemento individual á cidade. * Impulsa e reforzar o modelo relacional que caracteriza todos os niveis e procesos da realidade. * Xera espazos de coñecemento e xestionar as expectativas dos diferentes axentes que interveñen no desenvolvemento dunha comunidade. \\ ===== Equipo ===== ---- ==== Responsables do proxecto ==== As diferentes perspectivas profesionais das persoas que forman o equipo principal complementan fondo e forma nunha maneira de enunciar e cuestionar que unifica a gran aceptación dos formatos participativos e audiovisuais cun contido de innovación e reflexión necesario para a sociedade. No seu [[https://informaciongalicia.net/|código xenético]]: - O uso estrátéxico da información - A potencia do audiovisual - Experimentar e contar novas realidades | {{http://wiki.de-mudanza.net/esp/lib/exe/fetch.php/0_presentacion:isabeliglesias.jpg?300 |}} | **Isabel Iglesias** \\ \\ Socia consultora de [[http://informaciongalicia.net/|I.G. Documentación]]. Experiencia en análise estratéxico e dinamización da información. Investigadora e experta en innovación social. Produtora, guionista e directora. Formación en psicoloxía e ciencias políticas. Autora do libro “Empresarias Xubiladas” e directora de “[[http://economia.enigualdade.com|O diñeiro das mulleres]]” \\ [[http://www.enpalabras.com|enPalabras]] | | {{http://wiki.de-mudanza.net/esp/lib/exe/fetch.php/0_presentacion:iagogonzalez.jpg?350 |}} | **Iago González** \\ Cineasta. Experto en narrativas audiovisuais e en branded content. Especialista no deseño de proxectos audiovisuais. Ten formación específica en realización, edición e posprodución e é director de diversas películas de non ficción. Creador do departamento audiovisual de [[http://informaciongalicia.net/|I.G. Documentación]]. Director da película “Máscaras” e da Sitcom “Na vida pública”. \\ [[http://www.enimaxes.com|enimaXes]] | \\ ==== Colaboracións profesionais ==== | {{https://de-mudanza.net/wp-content/uploads/2019/03/carla-vidal-150x150.jpg |}} | **Carla Vidal**: Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra e con mais de 20 anos de experiencia profesional, sendo a primeira muller en dirixir en Galicia un xornal especializado en empresa e finanzas. É experta en segmentación de públicos e audiencias e actualmente dirixe o súa empresa. \\ [[http://comunicactiva.net/|ComunicActiva]] \\ [[https://www.linkedin.com/in/carla-vidal-prado-740a9836/|Perfil en Linkedin]] | | {{ :wiki:santy_foto.jpg?200 |{{:wiki:santy_foto.jpg?100 |}} | **Santy Bernárdez** \\ Técnico especialista e deseño gráfico, delineación industrial e topografía, desenvolve dende finais dos 90 unha variada traxectoria no eido da ilustración e do deseño, amosando gran versatilidade ao pasar de traballos con técnica tradicional ate desenvolvementos multimedia de gran formato. \\ [[https://santybernardez.blogspot.com/|Blog persoal]] | | {{:wiki:paula-lopez-baldomir.jpg |}} | **Paula López Baldomir** \\ Psicóloga con ampla experiencia en desenvolvemento e coordinación de programas educativos, formación e igualdade de xénero. Colexiada G-5164 e rexistro sanitario C-15-003426. \\ [[http://www.baldomirpsicologa.com/|Despacho profesional]] | \\